Na Coruña pode verse estes días unha exposición de narices


O nariz, os narices, motivo de burla nos Cancioneiros medievais, na literatura renacentista; obxecto de desexo para as clínicas de cirurxía estética, sempre motivo de desgosto e de descontento con nós mesmos. Nariz grego, nariz aguzado, nariz, de Cyrano a Pinocchio, sempre esa protuberancia que forma parte do sistema de respiración de algúns vertebrados, a condicionar a nosa actitude ante a vida. Un sentido tan importante como ignorado ou desprezado no mundo da arte. Falar polo nariz, fregar ao nariz. O nariz que leva todos os golpes cando batemos na porta, ou na farola; cando alguén nos deixa cun palmo de narices. Narices famosos, narices de pallasos, pallasos de narices. Até que un día estamos até os narices de todo, de nós mesmos, e nos colocamos un nariz vermello ou verde e con ese atuendo, de repente, xa podemos rir de nós e, por suposto, dos outros, que ten máis graza.

O nariz ten por fin un lugar no mundo das exposicións. Talvez caiba fechar os ollos e percibir, aínda que sexa momentaneamente, as esencias da arte a través do nariz. Tapamos moitas veces o nariz perante certas cousas e non temos que seguir facéndoo. Porque hai cousas que se fan a narices, ou por narices.

E non me digan: xa ten narices que a exposición sexa en María Pita, casa especializada en pór, a narices, unha certa protuberancia diante do nome da cidade.

Deixar un comentario

Arquivado en Artigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s